Bases e convocatoria para a provisión, en réxime laboral temporal, dunha praza de docente para a acción sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
O Concello de Carballo fai públicas as bases e a convocatoria para a provisión, en réxime laboral temporal, dunha praza de docente para impartir a acción formativa "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais" correspondente ao Plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia para os anos 2025 e 2025.
O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Publicado no BOP núm. 231 de 29/11/2024 - Prazo de presentación de instancias desde o luns día 02/12/2024 ata o luns día 09/12/2024 (incluídos).
Publicación, con data 12/12/2024, da baremación de méritos. Fíxase como data para a realización do exercicio da fase de oposición o martes, día 17 de decembro, ás 11,00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello (praza do Concello, s/n).
Publicación, con data 17/12/24, das puntuacións da fase de oposición. Fíxase un prazo de un día hábil para a formulación de reclamacións fronte a estas puntuacións.
Publicación, con data 20/12/2024, das puntuacións finais, proposta de contratación e prosposta de listaxe de chamamentos. Fíxase un prazo de un día hábil para a formulación de reclamacións fronte a estas puntuacións.