Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Bases e convocatoria para a provisión...

Bases e convocatoria para a provisión dunha praza de docente de Cociña

O Concello de Carballo fai públicas as bases e a convocatoria para a provisión, en réxime laboral temporal, dunha praza de docente para impartir a acción formativa "Cociña" correspondente ao Plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2024 e 2025.

O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), desde o mércores 27/11/2024 ata o martes 03/12/2024, ambos incluídos.

  • Aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, nomeamento do tribunal cualificador e datas da fase de concurso-oposición, do proceso selectivo para a contratación dun/ha docente para impartir a acción formativa “COCIÑA”, correspondente ao Plan Formativo para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2024 e 2025.
  • Constitución do tribunal e realización da valoración de méritos da fase de concurso que terá lugar o luns 9 de decembro de 2024 as 10:00 h. no Salón de Plenos do concello de Carballo (Praza do Concello, S/N. 15100 Carballo).

Publicación, con data 12/12/2024, do ANEXO I - Acta 2 BAREMACION DE MERITOS DA FASE DE OPOSICION. Fíxase un prazo de un día hábil para a formulación de reclamacións fronte a estas puntuacións.

Publicación, con data 17/12/2024, das puntuacións totais, proposta de contratación e proposta de listaxe de chamamentos.

Descargas

Compartir: