Proceso selectivo de profesor/a de clarinete para o CMUS Carballo
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha (1) praza de persoal laboral fixo a tempo parcial no posto de PROFESOR/A CMUS CLARINETE incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.
Convocar a todos os membros do tribunal para a VALORACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o vindeiro 18 DE NOVEMBRO DO 2024, ÁS 10.00 HORAS, na Sala de Xuntas, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Convocar aos aspirantes para a realización do EXERCICIO PRÁCTICO DA FASE DE OPOSICIÓN o vindeiro 18 DE NOVEMBRO, ÁS 12.00 HORAS, no Pazo da Cultura do Concello de Carballo (Rúa do Pan, s/n, Carballo).
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo e aos criterios establecidos polo Tribunal para a fase de oposición, os resultados da baremación do concurso-oposición son os que de seguido se indican no ANEXO.
Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso e da fase de oposición para formular as alegacións que consideren oportunas.
Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 21/11/2024 e rematará o DÍA 27/11/2024, ambos INCLUÍDOS.