Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de ordenanza-conserxe para as...

Proceso selectivo de ordenanza-conserxe para as instalacións deportivas (OEP Extraordinaria)

Publicada a Listaxe Definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, de catro (4) prazas de persoal laboral fixo no posto de ORDENANZA CONSERXE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 131 do 9 de xullo de 2024.

Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS que terá lugar o VENRES 12 DE XULLO DO 2024 ÁS 10.00 HORAS na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convocar aos aspirantes que teñan que realizar a PROBA DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA o vindeiro VENRES 12 DE XULLO DO 2024, ÁS 13.00 HORAS, na Sala de Xuntas, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.

De acordo coa valoración realizada polos membros do tribunal, se publica o resultado da baremación da proba de coñecemento da lingua galega.

De acordo coa valoración e os criterios de desempate, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados definitivos da baremación de méritos do concurso son os que se indican no ANEXO.

Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta de contratación como persoal laboral fixo no BOP de A Coruña núm. 151 do 07/08/2024. A persoa aspirante proposta deberá acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 08/08/2024 ata o DÍA 05/09/2024, ambos INCLUÍDOS.

Descargas

Compartir: