Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a elaboración dunha...

Proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de administrativo/a

Publicación das bases reguladoras da convocatoria pública e do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de administrativo/a (Grupo C, Subgrupo C1).O prazo de presentación de instancias é de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP).Publicación Bases. BOP núm. 86 de 03/05/2024. Polo tanto, o prazo de presentación de instancias é desde o DÍA 06/05/2024 e rematará o DÍA 10/05/2024, ambos incluídos.

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de Administrativo/a.As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán de un prazo de TRES (3) DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da lista de admitidos.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non enmendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva.Transcorrido o prazo de emenda, aprobarase pola Alcaldía a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as. Na mesma Resolución na que se faga pública a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos constará a designación nominal do Tribunal.

Polo que o prazo de emendas é desde o DÍA 12/03/2025 ata o DÍA 14/03/2025, ambos INCLUÍDOS.

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de Administrativo/a.

Convocar a tódolos membros do tribunal para a sesión constitutiva e de BAREMACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o 25 DE MARZO DO 2025 ÁS 10.00 HORAS, na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo.

Convocar as persoas aspirantes para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, que terá lugar o 3 DE ABRIL DO 2025 ÁS 12.00 HORAS, na segunda planta do PAZO DA CULTURA (Rúa do Pan, s/n, Carballo, A Coruña).

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos da fase de concurso son os que se indican no ANEXO.

Segundo a Base DÉCIMA da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de TRES (3) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 28/03/2025 e rematará o DÍA 01/04/2025, ambos INCLUÍDOS.

O tribunal recorda que, segundo a Resolución da Alcaldía núm. 780/2025 do 17/03/2025 (publicada na sede electrónica municipal o 18/03/2025), as persoas aspirantes foron convocadas para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, que terá lugar o vindeiro 3 DE ABRIL DO 2025 ÁS 12.00 HORAS, na segunda planta do PAZO DA CULTURA (Rúa do Pan, s/n, Carballo, A Coruña).

Descargas

Compartir: