Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de 6 prazas de auxiliar...

Proceso selectivo de 6 prazas de auxiliar administrativo/a (OEP 2022 Extraordinaria). Sistema de concurso

Publicada a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal calificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, de seis (6) prazas de funcionario de carrera no posto de AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP de A Coruña núm. 80 do 24 de abril de 2024.

Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o LUNS 29 DE ABRIL DO 2024 AS 10:00 HORAS, na sala de xuntas sita na 2ª planta da casa do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Reunidos os membros do tribunal selectivo do antedito proceso en sesión do 29 de abril, e visto que varios aspirantes presentaron en tempo e forma documentación acreditativa dos méritos para valorar o proceso selectivo de estabilización, pero detectouse que algúns destes documentos teñen defectos. Á vista da xurisprudencia citada na acta da sesión correspondente, o tribunal ACORDA requirir a emenda dos méritos alegados inicialmente no proceso de estabilización mencionado aos aspirantes indicados no ANEXO e conceder un prazo de TRES (3) DÍAS HÁBILES para a achega de antedita documentación, contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo. Polo tanto, o prazo de emenda dos méritos alegados é desde o DÍA 02/05/2024 e rematará o DÍA 06/05/2024, ambos incluídos.

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 15/05/2024 e rematará o DÍA 22/05/2024, ambos incluídos.

Resoltas as alegacións á baremación provisional de méritos, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os RESULTADOS DEFINITIVOS DO CONCURSO son os que se indican no ANEXO I. A resolución das alegacións presentadas será notificada individualmente aos aspirantes que as teñan formulado.

Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta do nomeamento como persoal funcionario de carreira no BOP de A Coruña núm. 203 do 21/10/2024. A persoa aspirante proposta deberá acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 22/10/2024 ata o DÍA 19/11/2024, ambos INCLUÍDOS.

Anuncio do nomeamento como persoal funcionario de carreira en cinco (5) prazas de AUXILIAR ADMINISTRATIVO, incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo. BOP de A Coruña núm. 210 do 30 de outubro de 2024. A toma de posesión efectuarase no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento da persoa interesada no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

Anuncio do nomeamento como persoal funcionario de carreira nunha (1) praza de AUXILIAR ADMINISTRATIVO, incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo. BOP de A Coruña núm. 227 do 25 de novembro de 2024. A toma de posesión efectuarase no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento da persoa interesada no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

Descargas

Compartir: