Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de oficial de Protección...

Proceso selectivo de oficial de Protección Civil (OEP 2022 Extraordinaria)

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, de tres (3) prazas de persoal laboral fixo no posto de OFICIAL PROTECCIÓN CIVIL incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 28 do 7 de febreiro de 2024.

Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS que terá lugar o VENRES 9 DE FEBREIRO DO 2024 ÁS 11.00 HORAS na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo.

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO I.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións comezará o DÍA 13/02/2024 e rematará o DÍA 19/02/2024, INCLUÍDO.

Resoltas as alegacións á baremación provisional de méritos, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os RESULTADOS DEFINITIVOS DO CONCURSO son os que se indican no ANEXO I.A resolución das alegacións presentadas será notificada individualmente aos aspirantes que as teñan formulado.

Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta de contratación como persoal laboral fixo no BOP de A Coruña núm. 53 do 14/03/2024.

As persoas aspirantes propostas deberán acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 15/03/2024 ata o DÍA 15/04/2024, ambos INCLUÍDOS.

Anuncio da contratación como persoal laboral fixo en tres (3) prazas de Oficial de Protección Civil, incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.BOP de A Coruña núm. 80 do 24 de abril de 2024. Procederase á formalización dos preceptivos contratos de persoal laboral fixo e á incorporación ao posto de traballo dentro do prazo que se estableza nos mesmos. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

Descargas

Compartir: