Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de técnico/a de...

Proceso selectivo de técnico/a de urbanismo (OEP 2002 Extraordinaria)

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, dunha (1) praza de funcionario de carreira no posto de TÉCNICO DE URBANISMO incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 203 do 24 de outubro de 2023.

Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA que terá lugar o MARTES 24 DE OUTUBRO DO 2023 ÁS 10:30 HORAS, de forma telemática na plataforma dixital do Concello de Carballo.

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO I.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións comezará o DÍA 02/11/2023 e rematará o DÍA 08/11/2023, INCLUÍDO.

Resoltas as alegacións da cualificación do concurso, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os RESULTADOS DEFINITIVOS DO CONCURSO son os que se indican.

Descargas

Compartir: