Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria para a elaboración dunha...

Convocatoria para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de administrativo/a

O Concello de Carballo fai públicas as bases reguladoras da convocatoria pública e do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de administrativo/a (grupo C, subgrupo C1).

O prazo de presentación de instancias é de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP). Polo tanto, o prazo de presentación de instancias empezaá o 27/09/2023 e rematará o 03/10/2023, incluído.

Publicación bases. BOP núm. 184 de 26/09/2023

Aprobación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de administrativo/a (grupo C, subgrupo C1). As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán de un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación  da presente resolución no taboleiro de edictos e anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da listaxe de admitidos.

Aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de Administrativo/a (grupo C, subgrupo C1). Convocar a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva e de baremación de méritos da fase de concurso que terá lugar o martes 14 de novembro do 2023 ás 10.00 horas naSala de Xuntas sita na 2ª planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Resultados provisionais da fase de concurso. Os aspirantes, consonte ao previsto na base 10, poderán presentar reclamacións ou alegacións contra da referida valoración no prazo de TRES DÍAS HÁBILES, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Rematada a resolución das alegacións a valoración dos méritos presentadas, tendo en conta que a resolución motivada de cada alegación efectuarase mediante notificación individualizada a cada un dos aspirantes que as teñen presentado, os resultados definitivos realizadas as modificacións oportunas das valoracións de méritos son os indicados no documento adxunto.

O tribunal acorda convocar aos aspirantes para a realización do primeiro exercicio, proba tipo TEST, o vindeiro LUNS 4 DE DECEMBRO ás 12.30 horas no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).

7 decembro 2023

Publicación da relación de respostas correctas ás preguntas formuladas: ANEXO I.
Publicación dos resultados do primeiro exercicio, tipo test, da fase de oposición: ANEXO II.

As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas ás preguntas, ao seu contido e ao cadro de respostas correctas, no prazo de tres (3) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo. Polo tanto, o prazo de alegacións será desde o DÍA 11/12/2023 ata o DÍA 13/12/2023, ÍNCLUIDOS.

A apertura dos sobres identificativos dos aspirantes presentados ao primeiro exercicio, proba tipo test, realizarase en sesión pública o vindeiro xoves 14 DE DECEMBRO ás 12.00 horas noSalón de Plenos, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convócase aos aspirantes para a realización do segundo exercicio, proba práctica, da fase de oposición o vindeiro 18 DE DECEMBRO as 12.00 horas no EDIFICIO FÓRUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).

Descargas

Compartir: