Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de promoción interna:...

Proceso selectivo de promoción interna: técnico/a animador/a cultural

Listaxe definitiva de admitidos/as e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda de promoción interna, da vacante de técnico animador cultural (A2) incluída na OEP ordinaria de 2022 do Concello de Carballo, mediante o sistema de concurso – oposición.

Convocase aos aspirantes admitidos/as para a celebración dos exercicios da fase de oposición que terá lugar o venres 23 de xuño de 2023, no salón de plenos sito no 2º andar da casa do concello, sita na Praza do Concello, S/N, Carballo.

- Primeiro exercicio, exercicio teórico – práctico: ás 11:30 horas.
- Segundo exercicio, proba específica de coñecemento da lingua galega: non é necesaria (acreditase posuír o nivel de Celga esixido).

No BOP núm. 135 de 17.07.2023 publícase o nomeamento de funcionario de carreira praza de técnica de animación cultural. A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento do interesado no Diario Oficial de Galicia.

Descargas

Compartir: