Deporte

Deporte

DO 2 AO 7 DE SETEMBRO

O xadrez volve por partida dobre a Carballo coa sétima edición do Aberto de Xadrez Clásico e a segunda do Torneo Maxistral

Xoves 22 de agosto do 2024

Representantes do club O Toque Xiria e do Concello presentaron os torneos de xadrez

Representantes do club O Toque Xiria e do Concello presentaron os torneos de xadrez

Carballo acollerá do 2 ao 7 de setembro o VII Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo, valedoiro para ELO FIDE clásico, no que se utilizará o formato clásico a 7 roldas e no que se repartirán 2.000 euros en premios. Xa hai máis de corenta xogadores inscritos, pero a cifra final será moi superior. O prazo para anotarse finalizará o 1 de setembro, como lembraron os representantes do club organizador, O Toque Xiria, na presentación do evento.

Pero o xadrez chegará por partida dobre a Carballo, porque ademais do aberto, do que podedes atopar toda a información nesta ligazón, o Club de Xadrez O Toque Xiria celebrará nas mesmas datas o II Torneo Maxistral O Toque Xiria, no que conta coa colaboración do Concello de Carballo e da Deputación da Coruña, e no que participarán dez grandes mestres internacionais: Mihail Marin e Félix Antonio Ilinca (Rumanía), Mariano Ortega Amarelle (Cabo Verde), Aleksa Strikovic (Serbia), Vladimir Petkov (Bulgaria) e os españois Alberto Portela Peleteiro, Jonás Prado Lobo, Xulio del Prado Rodríguez, Diego Cacheiro Blanco e Daniel Eduardo Pulvet Marín.Toda a información sobre o torneo maxistral, aquí.

Achégate ao mercado municipal a partir das 16.30 horas, de luns a venres, e a partir das 10.00 horas, o sábado, e engánchate ao xadrez!

Compartir: