Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Subvencións destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar no Concello de Carballo durante o curso 2021/2022

Martes 8 de febreiro do 2022

O Concello de Carballo convoca as subvencións destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar, destinadas a ANPAs, seccións deportivas de ANPAs e agrupacións deportivas escolares de centros educativos sostidos con fondos públicos para facilitar a práctica deportiva en idade escolar mediante o financiamento de proxectos de escolas deportivas en horario extraescolar nos centros de ensino e dirixidas aos nenos e nenas que cursan educación infantil e primaria, durante o curso escolar 2021/2022 (de outubro de 2021 a maio de 2022 incluídos).

O importe destinado ás axudas é de 9.000 euros, e o prazo de solicitude será de 15 días hábiles que empezarán a contar o 9 de febreiro de 2022.

Descargas

Compartir: