Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Asinados convenios de colaboración con catro entidades deportivas por un total de 18.000 euros

O Concello apoiará con estas subvencións actividades promovidas por Atletismo Carballo, Balonmán Xiria, Escolas de Fútbol Luis Calvo e Un Paso Máis

Venres 12 de abril do 2019

O alcalde, Evencio Ferrero, vén de asinar convenios de colaboración con catro entidades deportivas do noso concello para facilitar o desenvolvemento da súa actividade. O Concello de Carballo achegará un total de 18.000 euros, que se distribúen do seguinte xeito: 2.500 para Atletismo Carballo para o financiamento da V Carreira Solidaria De 2 en 2; 4.500 para as Escolas Balonmán Xiria para o V Torneo Carballo Handball Festival; 8.000 para as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz para o XV Torneo Internacional Alevín F7 Concello de Carballo, e 3.000 para a Agrupación Deportiva Un Paso Máis para as actividades anuais.

Nos actos de sinatura dos convenios participaron Asun Vázquez, presidenta de Atletismo Carballo; Luciano Calvo, presidente das Escolas Balonmán Xiria; Dolores Calvo, presidenta das Escolas de Fútbol Luis Calvo, e Manuel Cantelar, presidente de Un Paso Máis. O Concello de Carballo estivo representado polo alcalde e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, así coma pola concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, no caso de Un Paso Máis, que tamén recibiu unha subvención de 3.500 euros do seu departamento.



Galería

Compartir: