Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Solidariedade e deporte van da man na intensa xornada programada por Escola Lubiáns para o sábado 15

Representantes do club, acompañados polo concelleiro de Deporte e o alcalde, presentaron hoxe o programa de actividades

Xoves 13 de decembro do 2018

O Pavillón Carballo Calero acolle este sábado, 15 de decembro, unha intensa xornada festiva e deportiva para a Escola Lubiáns, que preparou un amplo programa no que tamén haberá espazo para a solidariedade. Desde as 16.00 horas os afeccionados poderán desfrutar de tres partidos de hockéy e dunha exhibición de patinaxe, e o club aproveitará para facer as fotos oficiais de todos os seus equipos esta temporada. Representantes da Escola Lubiáns, acompañados polo concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero, presentaron hoxe a iniciativa.

Programa

  • Ás 16.00, Escola Lubiáns Aislamientos San Juan-Diver Patín B, da cuarta xornada da Liga Micro Sur. 
  • Ás 18.30, amigable entre os rapaces das escolas do club.
  • Ás 19.00, exhibición de patinaxe.
  • Ás 19.30, sesión fotográfica.
  • Ás 20.00, Lubiáns Maracaná-HC Liceo, da cuarta xornada da Liga de Veteranos Autonómica Masculina.
Durante este encontro, cando se marque o primeiro gol, terá lugar unha choiva de peluches, que será doados aos rapaces e rapazas desfavorecidos da zona. Todos os afeccionados que o desexen poderán acudir ao pavillón con bonecos e participar deste fermoso xesto solidario.

I Campus de Nadal

A Escola Lubiáns tamén programou para estas datas festivas o seu I Campus de Nadal, que se celebrará no  polideportivo Carballo Calero os días 26, 27 e 28 de decembro, de 9.30 a 13.30 horas. Destinado a nenas e nenos nacidos entre 2007 e 2013 (ámbolos dous anos incluídos), ofrecerá unha experiencia de adestramentos personalizados, metodoloxía dinámica e avanzada, exemplificacións e outras actividades complementarias, ademais de contar coa colaboración dos xogadores do primeiro equipo do club. Toda a información e inscricións (que remata esta mesma semana), no pavillón Carballo Calero ou en escolalubians@hotmail.com.

Compartir: