Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Un total de 1.057 persoas participan nos cursos promovidos pola Concellaría de Deporte na piscina municipal

O incremento das prazas de natación infantil que permitiu reducir case na súa totalidade as listaxes de agarda para usuarios/as abonados/as

Martes 11 de setembro do 2018

As actividades na piscina teñen unha excelente acollida entre a poboación, e a proba é que este curso hai un total de 1.057 persoas de todas as idades, entre 0 e 100 anos, participando nos cursos que promove a Concellaría de Deporte. O concelleiro delegado de área, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero, achegáronse onte á tarde ata a piscina municipal do complexo Vila de Noia, na que esta semana arrancan as distintas especialidades: natación infantil, natación adultos/as, natación terapéutica, natación 3ª idade, aquagym e natación bebés.

Máis da metade dos/as usuarios/as son os/as alumnos/as das Escolas de Natación Infantil. Grazas ao incremento das prazas que realizamos o curso pasado foi posible reducir case na súa totalidade as listas de agarda para abonados/as. Neste momento temos 640 prazas ocupadas, e agardamos poder ampliar a oferta a curto prazo para dar cabida a todos/as os/as abonados/as. A natación infantil, xunto coa de bebés e a de terceira idade son as que teñen maior demanda nestes momentos.

As 1.057 persoas que participan nos cursos do Concello de Carballo están repartidas en 87 grupos que reciben 152 sesións semanais grazas ao labor que desenvolve o equipo de persoal, integrado por un xefe de servizo licenciado en INEF, un coordinador-técnico deportivo superior e os/as monitores/as.

Compartir: