Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Concesión provisional de subvencións a entidades para o finaciamento de actividade deportiva durante o ano 2018

O 1 de agosto comeza a contar o prazo de 10 días para posibles alegacións

Martes 31 de xullo do 2018

O Concello de Carballo publica a resolución relativa á concesión provisional de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento da súa actividade durante o ano 2018, de acordo coas tres liñas convocadas:

  1. Finaciamento de organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España durante o ano 2018.
  2. Financiamento de organización de eventos deportivos e actividades deportivas de carácter extraordinario durante o ano 2018.
  3. Financiamento de actividade xeral durante o ano 2018.

Tras a publicación das resolucións, que figuran nos documentos adxuntos, o 1 de agosto comezan a contar os 10 días de prazo hábiles para que as entidades solicitantes comuniquen ou ben o desestimento da solicitude, a reformulación ou o cambio de obxecto, ou ben para, se o estiman oportuno, presentaren alegacións. No caso de non formular desestimento expreso, a subvención considerarase aceptada tacitamente.

Resoltas as alegacións, se as houbese, concederanse con carácter definitivo as subvencións en materia de deportes pola Xunta de Goberno Local ou, no seu caso, pola Alcaldía. A resolución de concesión provisional non crea dereito ningún a favor da entidade beneficiaria proposta fronte ó Concello de Carballo mentres este non lle notifique a resolución definitiva de concesión.

Descargas

Compartir: