Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

AXENDA DEPORTIVA DA FIN DE SEMANA

Venres 11 de maio do 2018

Baloncesto

Intensa vén a axenda para o Artai. O equipo senior que ten nas súas mans clasificarse para a fase final da Copa Coruña (domingo ás 12.00, no Pavillón Vila de Noia) se vence ao seu rival, Restaurante Montero, por máis de catro puntos (67 a 63 na ida).

A outra gran cita será a das júnior (sábado ás 10.00, na Zona Escolar) no partido de volta das semifinais da Copa Coruña fronte ao Obradoiro. As carballesas teñen pé e medio na final (o sábado 19 de maio, ás 18.00 en Riazor), logo de impoñerse na ida por 24 puntos de diferencia.

Na loita polo ascenso, os infantís de Cotelo visitan ao Cidade de Lugo (sábado, ás 12.00, no Anexo), e os cadetes, ao Obradoiro de Santiago (sábado, ás 10.00, no Lorenzo de la Torre).

O equipo infantil feminino colexia debutan na Copa Coruña recibindo ao Obradoiro (domingo, ás 10.00, na Zona Escolar).

Último partido da fase regular para o Vazquez y Reino Basket Xiria, que recibe este sábado (Vila de Noia 18.00) ao AX Sagrado Corazón de Lugo. Rematada a fase regular, as carballesas teñen un próximo compromiso co Allariz na pelexa polo terceiro posto, que valería un ascenso en caso de renuncia federativa. O resto de partidos, no cadro adxunto.

Balonmán

Co Calvo a unha semana de disputar en Santoña a fase de ascenso a División de Honra Prata, o compromiso máis atractivo para o Balonmán Xiria é a loita do Goldie polo terceiro posto da Segunda División Autonómica feminina (sábado, pavillón A Sangriña, A Guarda). O resto de compromisos para o club carballés son estes:
DH XUVENIL COPA FEDERACIÓN
Bm Porriño - Laber Xiria. Sábado 12/05, 16:00, pav. Municipal O Porriño, Porriño.
DH CADETE COPA FEDERACIÓN
Academia Octavio - Grupo Lemaco Xiria. Domingo 13/05, 12:30, pav. de Coia, Vigo.
DH INFANTIL COPA FEDERACIÓN
Academia Octavio - Garaysa Xiria. Domingo 13/05, 11:00, pav. de Coia, Vigo.
2ª CADETE MASCULINA, COPA FEDERACIÓN
Xiria Hierros Varela Urbieta – Nova Xestión Pavillón. Sábado 12/05, 16:00, pav. Vila De Noia, Carballo.
2ª INFANTIL FEMININA, COPA FEDERACIÓN
C. Polideportivo Lucense - Punta del Este Xiria. Sábado 12/05, 10:30, pav. Casa Do Deporte, Lugo.
Garaysa Xiria Feminino – Bm Culleredo. Sábado 12/05, 10:15, pav. Vila De Noia, Carballo.
COPA ALEVÍN MIXTA BM5
LK Xiria - EDM Concello Muxía Bm Camariñas. Domingo 13/05, 10:50, pav. Quiroga Palacios, Santiago.
CD Concello de Zas - Grupo Lemaco Xiria. Domingo 13/05, 12:30, pav. Quiroga Palacios, Santiago.
Ribadosar Alca Épsilon - Telepizza Carballo Xiria. Domingo 13/05, 10:00, pav. Quiroga Palacios, Santiago.
Bm Camariñas A - Laber Xiria. Domingo 13/05, 12:30, pav. Quiroga Palacios, Santiago.
COPA BENXAMÍN MIXTA BM5 -Oak English Xiria – Xallas. Domingo 13/05, 11:40, pav. Quiroga Palacios, Santiago.
Ribadosar Alca - Clínica Dental Pico Blanco Xiria. Domingo 13/05, 10:00, pav. Quiroga Palacios, Santiago.
LIGA ALEVÍN BM 7 -Bm Culleredo Almeiras - Metalúrgica BB Xiria A. Sábado 12/05, 10:00, pav. mpal. Almeiras, Culleredo.
Bm Culleredo Universo Balonmano - Metalúrgica BB Xiria B Sábado 12/05, 11:15, pav mpal. Almeiras, Culleredo.

Fútbol

BERGANTIÑOS E ESCOLAS LUIS CALVO
Xa clasificado para o playoff de ascenso como segundo, o Bergantiños recibe ao Alondras (domingo, 18.00, As Eiroas). Resto de partidos, no cadro superior.         

SD SOFÁN
Na ida de oitavos da Copa da Costa, o Sofán recibe ao Fisterra (sábado, 18.00, O Carral). En Preferente visita ao Arzúa (domingo, 17.00).

SD SAN LORENZO
Na ida de oitavos da Copa da Costa, o San Lorenzo visita ao Coristanco (sábado, 19.30, A Rocheira). En Primeira Autonómica recibe ao Puebla (domingo, 18.00, As Pereiras).

Natación

A. D. FOGAR
A Liga Galega Máster decídese este domingo na Piscina Carballo Calero (10.00 horas). A AD Fogar defende a segunda praza e competirá con 26 nadadores (7 mulleres e 19 homes), que nadarán 44 probas individuais e 3 de relevos. Ademais, 22 deportistas representarán ao club carballés este sábado no campionato galego de dúatlon escolar, que se disputa en Vedra.

Hóckey

ESCOLA LUBIÁNS
Na Primeira Autonómica benxamín, o Escola Lubiáns enfróntase ao Compañía de María B (Carballo Calero, sábado, 12.00).
Na Primeira Autonómica prebenxamín, o Escola Lubiáns enfróntase ao Santa María del Mar a (Carballo Calero, sábado, 10.00)

Compartir: