Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Formalizados catro convenios que contribúen á posta en valor do traballo que desenvolven as entidades deportivas

Evencio Ferrero asinou hoxe con catro asociacións axudas por un total de 45.000 euros para a organización de distintas actividades

Xoves 26 de abril do 2018

Luciano e Dolores Calvo, co alcalde de Carballo

Luciano e Dolores Calvo, co alcalde de Carballo

O goberno municipal non só aposta pola promoción directa do deporte, senón tamén pola posta en valor do traballo que desenvolven as entidades deportivas. Nesa liña enmárcanse os convenios asinados hoxe polo alcalde, Evencio Ferrero, cos representantes de catro asociacións. O Concello de Carballo achegará un total de 45.000 euros para a organización de distintas actividades que non só cumpren coa finalidade de fomentar a participación e diversificar a oferta deportiva, senón que tamén contribúen á promoción exterior do noso concello.

A presidenta de Atletismo Carballo tamén asinou

A presidenta de Atletismo Carballo tamén asinou

Asun Vázquez Bértoa, presidenta de Atletismo Carballo, asinou un convenio por importe de 2.500 euros para o financiamento da IV Carreira solidaria de 2 en 2, que reuniu este mesmo mes  a máis de medio millar de deportistas de toda Galicia. En representación das Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz, que percibirán 8.000 euros para a organización do XIV Torneo F7 alevín Concello de Carballo, asistiu a presidenta da entidade, María Dolores Calvo Pumpido. Con ela coincidiu Luciano Calvo Pumpido, que asinou por partida dobre, en representación do Bergantiños FC e das Escolas Balonmán Xiria. O club de fútbol contará cunha achega de 30.000 euros para a participación en competicións deportivas federadas, mentres que o de balonmán recibe 4.500 euros para o IV Torneo Handball Festival Concello de Carballo, que converteu a nosa vila no punto de encontro de centos de persoas durante a Semana Santa.

Compartir: