Deporte

Deporte

Bergantiños FC

  • [Complexo Deportivo Municipal] Apdo. 56, As Eiroas. 15105 Polígono de Bértoa - Carballo
  • T.  981 703 555

Bergantiños FC

O Bergantiños FC é o club decano do fútbol federado en Bergantiños. Fundado en Carballo no ano 1923, conta cunha ampla traxectoria deportiva e unha importante canteira da que saíron destacados futbolistas e adestradores.

O Bergantiños FC militou na 2ª división B nas tempadas 87/88 e 88/89. No seu palmarés figuran dúas Copas Galicia (68/69 e 84/85) e un campionato de 3ª división (93/94), destacando tamén varias participacións na Copa do Rei.

Compartir: