Cultura

Cultura

- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

XA ESTÁ AQUÍ O VERÁN CULTURAL!

Carballo mergúllase no mar da cultura galega cunha programación de gran calidade e protagonismo feminino

Xosé Manuel Budiño súmase ao cartel co espectáculo "Branca vela", previsto para o 22 de agosto

Sábado 15 de xuño do 2024

Maruxa Suárez e Evencio Ferrero presentaron a programación

Maruxa Suárez e Evencio Ferrero presentaron a programación

“Que Carballo sexa lugar de referencia para a cultura, e para a cultura galega”. Estas palabras do alcalde, Evencio Ferrero, na presentación do Verán Cultural resumen o obxectivo da programación cultural que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto na Praza do Concello. Unha programación que, como apuntou a concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez, inclúe unha oferta musical “de gran actualidade, cunha forte presenza de mulleres galegas, artistas consolidadas como Guadi Galego ou emerxentes como Fillas de Casandra e Caamaño&Ameixeiras. Temos por diante dous meses de actividades de gran calidade e, principalmente, galega”.

Porque a esa presenza maioritariamente feminina vanse sumar a Banda Xangai, liderada por Xurxo Souto, e as agrupacións de música e baile tradicional do noso concello: Arume, Nemeth, Escola do Alprende e Banda Municipal de Gaitas.

Evencio Ferrero: “Que Carballo sexa lugar de referencia para a cultura, e para a cultura galega”

E ademais teremos un espectáculo de malabares e equilibrios para toda a familia coa compañía galega Muu!!!, cine ao aire libre en barrios e parroquias, e moito máis! Nos próximos días presentaremos tamén a programación da PLIC!, a nosa Praza dos Libros, que este ano tamén virá cargada de actividades para todos os públicos.

Un ano máis, será o mellor verán de todos, e iso é posible grazas á colaboración de moitas persoas e entidades como a Deputación da Coruña ou a Fundación Luís Calvo Sanz. “Entre todos pódense facer estas cousas e ver estas marabillas”, dixo o alcalde.

PROGRAMACIÓN

Venres 12 de xullo. 22.30 horas
Guadi Galego. Vén de recibir o Premio Martin Códax na categoría de mellor canción de autora do ano 2024. Presentará o seu último traballo, Síntese horizonte.

Venres 19 de xullo. 22.30 horas
Fillas de Casandra. Presentarán Últimas dionisíacas, un espectáculo no que mesturan música tradicional, pop e techno, co que farán bailar a toda a praza.

Venres 26 de xullo. 20.30 horas
A compañía galega Muu!!! presenta Crunch 2, un espectáculo no que dous superherois, a través do humor, malabares e equilibrios, van deixar a máis de unha coa boa aberta.

Venres 2 de agosto. 22.30 horas
Caamaño&Ameixeiras. Outra das grandes revelacións da música galega, que veñen de ser galardoadas co Premio Martín Códax na categoría de folk, e que presentarán o seu último traballo, Quitar o aire.

Venres 9 de agosto. 22.30 horas
Banda Xangai. A banda que inventou o sentimento bravú chegará a Carballo capitaneada por Xurxo Souto.

Venres 16 de agosto. 22.00 horas
Cine. Proxección da película Matria, unha das producións galegas máis galardoadas no último ano, protagonizada por María Vázquez, nominada aos Goya e premiada como mellor actriz no Festival de Málaga e nos Premios Forqué. Ao longo do verán haberá outras proxeccións en barrios e parroquias: ás 22.30 horas en xullo e ás 22.00 horas en agosto.

Xoves 22 de agosto. 21.00 horas
Xosé Manuel Budiño. O compositor regresa a Carballo co espectáculo Branca Vela, patrocinado pola Xunta de Galicia e Xacobeo.

Venres 23 de agosto. 21.30 horas
Festival de música e baile tradicional, no que actuarán os grupos das asociacións cultural e xuvenil Arume, Nemeth, Escola do Alprende e a Banda Municipal de Gaitas.

Descargas

Compartir: