Cultura

Cultura

- 2024 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
9
10
11
12


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Esta semana presentaremos o cartel!

Aprobada oficialmente a constitución da comisión organizadora das festas de San Xoán 2024

Luns 20 de maio do 2024 Cultura

Xa temos comisión de festas! Hoxe, co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, quedou oficialmente constituída a comisión organizadora do San Xoán 2024, na que están integrados o Concello de Carballo e a Asociación Cultural San Xoán.

En representación desta última forman parte da comisión Sergio Varela Fuentes, presidente; Gustavo Lorenzo Pena, secretario; José Antonio Deus Antelo, Mª Carmen Pacoret Rey e Roberto Rancaño Lagoa, como vogais, e Asun Vázquez Bértoa, Alejandro Nogueira Carral, Mónica Gerpe Galindo, Iván Blanco Martínez, e Óscar Álvarez Pose, como colaboradores.

O Concello de Carballo, pola súa banda, está representado por Maruxa Suárez Cotelo, concelleira de Cultura e Festas, e Carmen Castro Pombo, xefa do servizo de Cultura.

As festas de San Xoán celebraranse do 19 ao 30 de xuño, cunha chea de actividades que se darán a coñecer nos vindeiros días. Esta semana tamén presentaremos o cartel!

Compartir: