Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Teatro, música, cine, danza e artes plásticas enchen Carballo de “Cultura con forza” nos primeiros meses do ano

O Pazo da Cultura acollerá ata finais de abril 26 propostas para todo tipo de públicos

Venres 19 de xaneiro do 2024 Cultura

Jacobo Sutil, Evencio Ferrero e Maruxa Suárez

Jacobo Sutil, Evencio Ferrero e Maruxa Suárez

Seis funcións de teatro para adultos, tres para toda a familia, dous musicais, cinco películas do ciclo Amal en Ruta, cinco espectáculos de Primavera enDanza e cinco exposicións encherán Carballo de Cultura con forza durante os primeiros meses do ano. Hoxe presentamos as propostas que acollerá o Pazo da Cultura ata o mes de abril dentro do programa deseñado pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña e a Agadic.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, compartiu coa concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, e co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, un café doce, que tanto apetece nestes días de frío e que se converte no símbolo gráfico de Cultura con forza, porque, como o café, a cultura énchenos de enerxía. “Esta expresión carballesa que poñemos en valor e que desde hai uns anos reivindicamos con esta programación, significa tamén abundancia e diversidade, e o programa que presentamos dá conta dela ao reunir 26 interesantes propostas culturais que, sen dubida, están entre o mellor e máis actual da cultura de Galicia, con algunhas mostras moi interesantes doutras comunidades autónomas”, apuntou Maruxa Suárez.

Jacobo Sutil: "Estamos traballando para que haxa máis Carballos"

Jacobo Sutil felicitou ao Concello de Carballo pola variedade da programación “en disciplinas e públicos, e tamén polo compromiso coa nosa cultura sen esquecer as propostas que se fan noutras partes de España e que lle dan á veciñanza a oportunidade de ver o que se fai noutros sitios, de comparar e de comprobar que en Galicia estamos ao máis alto nivel”. O director da Agadic destacou especialmente o ciclo Primavera enDanza, “o ciclo de danza máis antigo de Galicia”, e asegurou que desde a axencia “estamos traballando para que haxa máis Carballos”.

Evencio Ferrero puxo a programación de Cultura con forza como exemplo de colaboración institucional e expresou unha vez máis o compromiso do Concello de Carballo coa cultura. “Sempre, mesmo nos momentos de crise, quixemos facer da cultura un elemento referencial, e aí seguimos”, dixo.

VENRES E DOMINGOS CULTURAIS

  • 26 xaneiro (21.00 horas). Teatro. PT Excéntricas (Galicia). O auto do Castromil
  • 2 febreiro (21.00 horas). Música. Catuxa Salom (Galicia)
  • 4 febreiro (18.00 horas). Monicreques e actores. Pérez & Fernández (Galicia). Nanai da China
  • 23 febreiro (21.00 horas). Teatro. Ibuprofeno Teatro (Galicia). Deadpan karaoke
  • 1 marzo (21.00 horas). Teatro. Culturactiva S.COP.Galega (Galicia). As alumnas
  • 3 marzo (18.00 horas). Monicreques e sombras. El retablo (Madrid). Mermelhada
  • 8 marzo (21.00 horas). Teatro. Chévere (Galicia). Helen Kelleer, a muller marabilla?
  • 15 marzo (21.00 horas). Música. Abraham Cupeiro (Galicia). Resoando no pasado
  • 21 marzo (20.00 horas). Teatro. Manekineko (Galicia). Cancións amarelas, flores tristes
  • 22 marzo (21.00 horas). Teatro. A Panadaría (Galicia). As que limpan
As entradas para estes espectáculos estarán a venda de xeito anticipado a partir do luns 22 de xaneiro en billeteira.carballo.gal. Tamén poderá mercarse un bono, con importantes descontos.

AMAL EN RUTA – MOSTRA DE CINE EUROÁRABE

  • 22 febreiro (20.30 horas). Entre las higueras. Taht Alshajaran
  • 24 febreiro (20.30 horas). Conspiración no Cairo. Boy from heaven
  • 29 febreiro (20.30 horas). The sage
  • 2 marzo (20.30 horas). El caftán azul
  • 7 marzo (20.30 horas). Little Palestine, diary of a siege
O acceso ás proxeccións será de balde.

PRIMAVERA ENDANZA

  • 12 abril (21.00 horas). Marcia Vázquez (Galicia). Vaivén
  • 13 abril (20.30 horas). Paula Quintas (Galicia). Multiperspectivas#2
  • 20 abril (20.30 horas). Nova Galega de Danza (Galicia). Berro                                                                                              
  • 21 abril (18.00 horas). La coja dansa (Valencia). El cuento de Persépolis
  • 26 abril (21.00 horas). Miguel Barrero y la pequeña Victoria Cen (Valencia e Castela e León). Disculpa si te presento como que no te conozco
  • 30 abril (21.00 horas). Led Silhouette (Navarra). Los perros

EXPOSICIÓNS

  • 12 de xaneiro a 10 de febreiro. A memoria do son
  • 16 de febreiro a 3 de marzo. XVII Premio de arte gráfica Jesús Núñez
  • 27 de febreiro a 17 de marzo. 17º Premio de creación fotográfica Luis Ksado
  • 11 de abril a 10 de maio. Pegadas no tempo, de Isabel Soutullo
  • Mes de abril. XXVI Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís
Horario de visitas de 17.00 a 21.00, de luns a sábado.

Descargas

Compartir: