Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O FIOT sitúase un ano máis entre os proxectos culturais máis relevantes de Galicia

Despois de ser recoñecido como Insignia Cultural de Galicia, o Festival Internacional Outono de Teatro mantense entre os cinco primeiros

Martes 16 de xaneiro do 2024 Cultura

O Festival Internacional Outono de Teatro - FIOT foi o evento cultural máis importante do ano 2022 na nosa comunidade autónoma, segundo a valoración dos profesionais do ámbito da cultura, e no 2023 volveu situarse entre os mellores de Galicia, unicamente superado pola Cidade da Cultura, o Festival Sinsal de San Simón, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Teatro Rosalía de Castro.

A Fundación Contemporánea vén de presentar o seu ránking anual, tras a consulta realizada a un panel de expertos de primeiro nivel. Nesta ocasión participaron 414 profesionais da cultura dos ámbitos público, privado e independente, e froito das súas valoracións coñecemos O mellor da cultura a nivel nacional e en cada unha das autonomías. O FIOT, que viña figurando ano tras ano entre os 10 proxectos culturais máis importantes de Galicia, chegou ao máis alto no 2022, acadando o recoñecemento de Insignia Cultural de Galicia, e conseguiu manterse entre os cinco primeiros proxectos culturais da comunidade autónoma no 2023.

O recoñecemento que vén acadando o FIOT ano tras ano resulta especialmente relevante debido a que os/as integrantes do panel sinalan ata 10 institucións e acontecementos culturais como os máis destacados do ano de referencia, nunha consulta aberta na que non se aporta ningún nome. O festival carballés recibiu nesta ocasión o apoio do 25% dos/as participantes, competindo directamente con Cineuropa e o Museo de Belas Artes da Coruña.

No ránking estatal do 2023 figuran dous proxectos galego, o Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela) e a Fundación MOP, o que amosa da altísima calidade das iniciativas valoradas polos expertos.

O Observatorio da Cultura pretende dar visibilidade a unha oferta cultural moi ampla, diversa, de gran calidade e en constante renovación da que podemos gozar ao longo de todo o territorio estatal, achegando o aval dos/as profesionais máis destacados/as do sector.

Compartir: