Cultura

Cultura

- 2024 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
11
12
13
14
15
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

VENRES 17, ÁS 21.00 HORAS, NO PAZO DA CULTURA

Carballo acolle o penúltimo concerto do Día das Artes Galegas 2023, dedicado a Martín Codax

A actuación da soprano Patricia Rodríguez e a pianista María José Viso compleméntase cunha exposición sobre o Pergamiño Vindel

Xoves 16 de novembro do 2023

O venres 17 de novembro terá lugar en Carballo (Pazo da Cultura, 21:00 horas) o penúltimo concerto dedicado á obra de Martín Codax, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2023. A soprano Patricia Rodríguez e a pianista Margarita Viso Soto interpretarán as Cantigas de Martín Codax; Soedades de Marcial do Adalid a partir dun texto popular; As lixeiras anduriñas de Juan Montes, con texto de Salvador Golpe; Cantiga de José Castro Chané, con texto de Curros Enríquez e Mayo longo de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro. O acto, así mesmo, contará coa introdución Martin Códax, a identidade da música galega a cargo do académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Juan Durán.

O recital conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Carballo, e forma parte dos actos de celebración do Día das Artes Galegas 2023, dedicado nesta edición á figura de Martín Codax, primeiro autor galego do que se conserva texto e música, presente a través de trazos identitarios do que hoxe entendemos por música galega, tanto da popular como da culta. Con tal motivo, na planta 0 do Pazo da Cultura poden verse un facsímil do Pergamiño Vindel e varios paneis explicativos sobre o Pergamiño Vindel, as Cantigas e os compositores do rexurdimento, que servirán de apoio para comprender a importancia de Martín Codax na música popular galega.      

Descargas

Compartir: