Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

As landras da cultura prenden de novo en Carballo para facer abrollar outro “Novembro con música”

O alcalde e as concelleiras de Cultura e Igualdade presentaron o programa de actuacións que se desenvolverá do 10 deste mes ao 14 de decembro

Venres 3 de novembro do 2023 Cultura

Maruxa Suárez, Evencio Ferrero e Maica Ures

Maruxa Suárez, Evencio Ferrero e Maica Ures

Novembro en Carballo é o mes da música, un excelente fertilizante para que, en plena resaca dun novo FIOT para a historia, as landras da cultura volvan prender no noso concello. Desde o 10 deste mes ata o 14 do próximo veremos abrollar outro Novembro con música, unha cita anual na que o Concello de Carballo conta coa colaboración do movemento asociativo e, nesta ocasión, tamén da Deputación da Coruña, a Real Academia Galega de Belas Artes, a Xunta de Galicia, a Fundación Carlos Casares e o Consulado de Uruguai en Galicia.

O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, presentaron este venres a programación, nun acto no que tamén estivo presente a concelleira de Igualdade, Maica Ures, porque tamén a través da música queremos seguir avanzando no camiño cara a igualdade.

Todos os públicos e todos os gustos están representados neste Novembro con Música, no que haberá folk, pop, música coral, clásica... e concertos de balde para todas as idades. “Queremos que novembro sexa unha data na que, dentro da intensísima programación cultural que se desenvolve ao longo de todo o ano, poidamos desfrutar da música”, O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, presentaron este venres a programación, nun acto no que tamén estivo presente a concelleira de Igualdade, Maica Ures, porque tamén a través da música queremos seguir avanzando no camiño cara a igualdade. comentou o alcalde. E con ese obxectivo presentamos a seguinte programación.

PROGRAMACIÓN

Venres 10 novembro | 22.00 h | XVII LIVE IN CANCES
Local social de Cances
Un clásico que ten lugar nesta parroquia carballesa e que van pola súa XVII edición. Live in Cances é un referente na música pop-rock dos grupos locais afeccionados. Un evento que organiza a Asociación Cultural San Campio de Cances e co que colabora o Concello de Carballo. Nesta ocasión participarán dous grupos: Rusty Nuts e Aquilon.

Sábado 11 novembro | 20.30 | VERÓNICA CODESAL
Pazo da Cultura
A xira 100 voltas chega a Carballo para cantar á igualdade. Ademais da súa pandeireta e a súa voz, a compoñente do grupo Ialma Verónica Codesal estará no Pazo da Cultura acompañada por Didier Laloy ao acordeón, Damien Chierichi ao violín e Boris Tchango na percusión para ofrecer un repertorio que nace da tradición galega e incorpora ritmos árabes, do leste de Europa e do folk-pop.

Venres 17 novembro | 21.00 | PATRICIA RODRÍGUEZ E MARGARITA VISO
Pazo da Cultura
A Real Academia das Belas Artes e a Xunta de Galicia conmemoran o Día das Artes Galegas 2023.Martín Códax, cunha exposición sobre o Pergamiño Vindel e cun concerto a cargo da soprano Patricia Rodríguez acompañada ao piano por Margarita Viso.

Sábado 18 novembro | 20.30 h | XXXVIII ANIVERSARIO DO CORO AIRES DE BERGANTIÑOS
Pazo da Cultura
O Coro Aires de Bergantiños celebra o seu aniversario acompañado pola Coral da A.C. Musical Solfa de Santiago.

Domingo 19 novembro | 19.00 h | SONS DE AQUÍ
Pazo da Cultura
Retomamos a actividade de Sons de Aquí coa participación de grupos de asociacións de Carballo, coa vontade de gozar de pezas tradicionais da man de AC Nemeth, ACX Arume de Verdillo, Escola do Alprende de Oza, ACS Campio de Cances e da Banda Municipal de Gaitas do Concello de Carballo.

Venres 24 novembro | 21.00 | ORQUESTA DE CÁMARA GALEGA
Pazo da Cultura
Concerto de música clásica da Orquestra de Cámara Galega, patrocinado pola Deputación da Coruña.

Sábado 25 novembro | 20.00 h | FESTIVAL SANTA CECILIA
Pazo da Cultura
A Coral de Bergantiños retoma a súa actividade de celebración de Santa Cecilia acompañada doutras dúas agrupacións: Orfeao de Ermesinde de Porto (Portugal) e Coral Polifónica de Tomiño.

Domingo 26 novembro | 19.00 h | WALTER CÉSAR
Pazo da Cultura
O cantautor uruguaio Walter César presenta o seu disco Oriental y gallego no Pazo da Cultura. Concerto patrocinado polo Consulado de Uruguai en Galicia.

Martes 28 de novembro e venres 1 de decembro | 20.00 h | CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA
Pazo da Cultura
A presenza dos alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo non podería faltar á cita de Novembro con Música, nesta ocasión con concertos da Big Band do Conservatorio e da Banda Municipal do CMUS.

Ademais, durante o mes da música haberá teatro, exposicións… Descarga o cartel coa programación máis abaixo.

Compartir: