Cultura

Cultura

- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

MÉRCORES 11 ÁS 18.00 HORAS

O FIOT estrea o espectáculo inclusivo É meu amigo!, no que a lingua de signos e a oral en galego contan por igual

O festival apoia a nova proposta da compañía A trastenda dos contos para sensibilizar ao público infantil sobre a integración e a igualdade de oportunidades

Martes 10 de outubro do 2023

A estrea absoluta do espectáculo inclusivo É meu amigo!, da compañía A Trastenda dos Contos, marcará o inicio dunha semana no FIOT marcada pola súa intensa actividade escénica e coa ollada posta no público infantil, con funcións programadas en seis das súas liñas de programación escénica, como Fiotiño, Rúa dos Contos, OTNI, FIOT en Rita, Programa de Sala e Metro Cadradro; ademais da apertura da mostra monográfica sobre Carlos ‘O Xestal’ no Pazo da Cultura.

É meu amigo! é un espectáculo inclusivo para persoas xordas e ouvintes, no que a lingua de signos e lingua oral contan e se integran por igual grazas ao traballo  conxunto, para a creación desta peza, de Gema Santos e Caxoto, narrador cunha extensa traxectoria no FIOT e, particularmente, na liña para o público máis novo: o Fiotiño. “Cremos que a xestualidade da lingua de signos, e a combinación da palabra e do xesto, suma moito á hora de narrar contos”, apuntou Caxoto esta mañá na presentación da obra, na que tamén participaron a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Neste sentido, Gema Santos salientou “a importancia de que a cultura visualice e conte, nas súas propostas, cunha lingua minorizada como é a de signos; que ademais dota de riqueza ao espectáculo”.

A compañía ofreceu un pequeno avance do espectáculo

A compañía ofreceu un pequeno avance do espectáculo

Logo de dous anos de investigación na integración entre as dúas linguas -nas que, por exemplo, a construción gramatical é diferente- e a realización dunha residencia artística en Carballo, a estrea absoluta de É meu amigo! terá lugar mañá, mércores 11, ás 18.00 horas, no Pazo da Cultura; e a entrada será libre ata completar a capacidade do auditorio. O FIOT apoia este espectáculo -dirixido especialmente ao público infantil- preocupado tamén por manter un comportamento socialmente responsable e pola atención ás necesidades de todo o público, e lembra que haberá espazos nas primeiras filas para persoas e familias con diversidade auditiva.

AXENDA FIOT

Mércores 11, 18.00 horas. Pazo da Cultura
É meu amigo!, de A trastenda dos contos | Estrea absoluta

Mércores 11, 20.00 horas. Pazo da Cultura
Inauguración da exposición O Xestal, unha vida de conto

Mércores 11, 21.00 horas. Casino 1889

Tralalareira, de Velo Rilo e Santi Cribeiro

Mércores 11, 23.00 horas. Taberna O Patacón
Por elas (concerto), de Adhara e Ritman

Xoves 12, 18.00 e 20.30 horas. Pazo da Cultura
Ma solitud, de Guillem Albà | Estrea en Galicia

Xoves 12, 19.00 horas. Centro social de Oza
Solo, de Roi Borrallas

Venres 13, 17.30 horas. Pazo da Cultura
Gernika (Danos colaterais), de Os monicreques de Kukas

Venres 13, 21.00 horas. Pazo da Cultura
O pequeno poni, de Redrum Teatro | Estrea absoluta

Sábado 14, 12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 horas. Crúa María Barca. Taller de olería
Ananaké? Edipo en 15 minutos, de Contraditoria Compañía | Estrea absoluta

Sábado 14, 12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 horas. Pista skate (Rego da Balsa)
O que é o raio, nin maldita idea, de Souvenir

Sábado 14, 17.00 horas. Dubra Café
Escola do espectador nas ondas. Coa participación de Álex Sampayo (director de Redrum Teatro) e Paco Bezerra, Premio Nacional de Literatura Dramática 2019 e autor de O pequeno poni.

Sábado 14, 20.30 horas. Pazo da Cultura
Sexpiertos, de Tanttaka Teatroa

Domingo 15, 20.30 horas. Pazo da Cultura
El traje, con Javier Gutiérrez e Luis Bermejo

Compartir: