Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Carballo acollerá este domingo unha actuación da banda de gaitas Irmandade de Uruguai e de varias agrupacións locais

O alcalde recibiu hoxe aos integrantes da banda, pertencente ao Centro Social, Cultural e Deportivo de Bolos Val Miñor de Montevideo

Venres 15 de setembro do 2023 Cultura

A música tradicional galega soará durante toda a mañá do domingo nas rúas de Carballo ao tempo que celebramos o Día sen Coches con multitude de xogos para os pequenos da casa. O noso concello acollerá a última actuación da xira que está a realizar por Galicia a banda de gaitas Irmandade, pertencente ao Centro Social, Cultural e Deportivo Bolos de Val Miñor de Montevideo (Uruguai) para celebrar o seu 20º aniversario.

Os integrantes da agrupación foron recibidos hoxe na casa do concello polo alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez, e o concelleiro de Feiras e Mercados e Contratación, Ramón Varela. Ao acto sumouse tamén Alberto Liñares, de Nemeth. En Carballo rematarán este domingo o percorrido que os levou xa por Gondomar, Nigrán, Baiona, Porriño e Laxe, e que continúa hoxe no programa Luar da TVG e mañá en Barro.

A banda de gaitas Irmandade estará moi ben acompañada durante a súa estadía en Carballo. Sobre as 12.30 sairá en pasarrúas pola contorna da Praza do Concello acompañada pola Banda Municipal de Gaitas, Nemeth e Arume, e ao remate participarán nunha foliada na propia praza á que poderá sumarse todo o público.

Historia da banda

A banda de gaitas Irmandade naceu no ano 2003 por iniciativa dun grupo de mozos e mozas descendentes de galegos para poder continuar coa tradición musical dos seus pais e avós. Desde aquela está dirixida por Carlos González, fillo dun emigrante da zona do Val Miñor, de aí o nome da agrupación. Carlos González imparte clases en distintos centros galegos de Uruguai e na actualidade preside o de Bolos de Val Miñor.

A banda Irmandade está integrada por 16 persoas de todas as idades e procedencias, aínda que a maioría son descendentes de galegos. A agrupación desenvolve un papel fundamental, posto que é a única banda galega existente agora mesmo en Uruguai, polo que participa en actividades en todo o país. Con motivo do 20º aniversario, os membros da banda puideron cumprir o seu soño de actuar na terra dos seus antepasados, e para nós é unha auténtica honra tela en Carballo.

Compartir: