Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ENTRADAS Á VENDA NA NOVA PLATAFORMA BILLETEIRA.CARBALLO.GAL

Primavera enDanza celebra 21 anos con cinco espectáculos que poñen en valor a danza galega contemporánea

Catro das cinco propostas que pasarán polo escenario do Pazo da Cultura entre o 14 e o 29 de abril son producións galegas

Venres 24 de marzo do 2023 Cultura

Carballo sitúase de novo na vangarda da cultura galega grazas a Primavera enDanza, o programa de danza máis lonxevo da comunidade autónoma, como apuntou o alcalde, Evencio Ferrero, na presentación da 21ª edición. Xunto a el estiveron o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto; o director da Agadic, Jacobo Sutil, e representantes de dúas das cinco compañías que pasarán polo auditorio do Pazo da Cultura entre o 14 e o 29 de abril.

Catro das cinco propostas que integran o cartel deste ano son producións galegas de gran calidade, o que, unha vez máis, reflicte a fartura creativa que caracteriza a nosa comunidade autónoma, ou, como diríamos en Carballo, que en Galicia temos creatividade con forza. Puidemos comprobalo hoxe co avance do espectáculo Bionic que ofreceron os bailaríns de Entremans na Praza do Concello, escenario da presentación do festival (podes ver o vídeo completo máis abaixo). Armando Martén e Ana Beatriz Pérez pecharán este ano a Primavera enDanza coincidindo, precisamente, co Día Internacional da Danza, o 29 de abril.

Tamén asistiron á presentación Esther Latorre e Hugo Pereira, do Colectivo Glovo, que na súa segunda visita a Carballo ofrecerannos o espectáculo Tabú, en coprodución co Centro Coreográfico Galego, para abrir a Primavera enDanza o 14 de abril.

Este é o programa:

  • Venres 14 de abril | 21.00 h | Colectivo Glovo (Galicia) Tabú.
  • Sábado 15 de abril | 20.30 h | Laboratorio Escénico Coop (Galicia) Blues de medianoite (estrea).
  • Sábado 22 de abril | 20.30 h | Daniel Abreu (Madrid) El hijo.
  • Venres 28 de abril | 21.00 h | Elahood (Galicia) Nó.
  • Sábado 29 de abril | 20.30 h | Entremans (Galicia) Bionic.

Ademais do seu interese intrínseco, a danza contemporánea é unha manifestación artística con gran repercusión nas artes escénicas actuais que ten un alto potencial creativo, de innovación e experimentación. Polo tanto, recomendamos a todas as persoas que queiran estar ao día nas últimas propostas artísticas que non se perdan Primavera enDanza. As entradas xa están á venda na nova plataforma de venda online do Concello de Carballo, á que podes acceder aquí.

Vídeos

Compartir: