Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

As festas de San Xoán celebraranse do 21 ao 26 de xuño e a Festa do Bosque será o 2 de xullo

Convocado o tradicional concurso para a elección do cartel, cun premio de 450 euros patrocinado un ano máis por Opticalia Enríquez

Mércores 8 de marzo do 2023

Imaxe da primeira xuntanza da comisión de festas, celebrada en xaneiro

Imaxe da primeira xuntanza da comisión de festas, celebrada en xaneiro

Xa temos comisión e xa temos datas para as festas de San Xoán!

Este ano as celebracións patronais de Carballo celebraranse do 21 ao 26 de xuño, e o domingo seguinte, 2 de xullo, será a Festa do Bosque. A comisión organizadora xa está traballando no programa, pero o primeiro é o primeiro, de xeito que vén de convocar o tradicional concurso para a elección do cartel que anunciará as festas, cun premio de 450 euros que está patrocinado, un ano máis, por Opticalia Enríquez. O prazo para presentar as propostas está aberto ata o 10 de abril. Podes descargar as bases máis abaixo.

A comisión de festas vén de reforzarse con novas incorporacións, e quedou constituída deste xeito:

  • Presidente: Sergio Varela Fuentes
  • Secretario: Gustavo Lorenzo Pena
  • Vogais: José Antonio Deus Antelo, Mª Carmen Pacoret Rey, María Pereira Mariño, Alba Cerqueiro Vázquez, Antía Suárez Martínez, Asun Vázquez Bértoa, Roberto Rancaño Lagoa e Rodrigo Felípez Ferreiro.
  • Representantes do Concello de Carballo: Maruxa Suárez, concelleira de Festas, e Carmen Castro, xefa do servizo de Cultura.

Descargas

Compartir: