Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O ACTOR MIGUEL CANALEJO PRESENTARÁ O CONCURSO

Nove comparsas e dúas carrozas, con máis de 300 integrantes en total, no regreso do concurso de Entroido

As inscricións nas modalidades individual e grupos aínda poderán facerse o mesmo domingo, de 16.00 a 17.00 horas

Sábado 18 de febreiro do 2023

Comparsa infantil gañadora do primeiro premio no 2020, última edición do concurso

Comparsa infantil gañadora do primeiro premio no 2020, última edición do concurso

Dúas carrozas, seis comparsas infantís e tres de adultos participarán este domingo 19 no tradicional desfile e concurso de disfraces organizado pola Concellaría de Cultura, que volve despois da pandemia. Entre estes 11 conxuntos superan as trescentas persoas, ás que se sumarán os participantes nas modalidades individual e grupos, que aínda poderán inscribirse antes do certame, de 16.00 a 17.00 horas, diante da casa do concello.

Nesta edición a contía dos premios é de 8.215 euros, dos cales destinamos case 4.000 € a gratificacións por participar (de 125, 200 e 250 euros), xa que un dos obxectivos principais do concurso é incentivar a participación. A parte restante distribuirase entre os 14 premios previstos. Os máis importantes son o de 700 € para a mellor carroza e o de 500 € para a mellor comparsa de adultos.

O desfile de todos os participantes comezará ás 18.00 horas. A comitiva sairá da rúa Cervantes por Gran Vía, Rosalía de Castro (infantil), Doutor Fleming (adultos), Valle-Inclán, Colón e Desiderio Varela, onde está instalado o palco, como de costume. 

A presentación do concurso correrá a cargo este ano de Miguel Canalejo, actor de audiovisual e de teatro, e tamén director e guionista. Precisamente a semana pasada puidemos ver no Pazo da Cultura unha obra dirixida por el e na que tamén participa como intérprete, Arte sen guión, da compañía carballesa Galeatro. No ámbito audiovisual é coñecido pola súa participación e series como Serramoura ou Cuéntame, así como por formar parte do equipo de actores do popular programa da TVG Land Rober, onde amosa a súa faceta cómica. Gañou o Premio Mestre Mateo á mellor webserie 2021 con Xan (creada xunto a Lucía Estévez), Proxecto gañador do festival Carballo Interplay 2019.

Ademais da animación dos propios participantes no concurso, durante a tarde teremos tamén animación musical coa Charanga Santa Compaña. E despois do certame seguirá a música en directo no baile de disfraces organizado pola Concellaría de Terceira Idade, no que bailaremos ao son da orquestra Trébol e durante o cal se procederá á entrega de premios, tras as deliberacións do xurado.

Na organización do desfile e concurso do domingo de Entroido colaboran o servizo municipal e a agrupación de voluntarios de Protección Civil, a Policía Local, a brigada de obras e o servizo de limpeza.

Compartir: