Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Curruncho Pop volve á Biblioteca Rego da Balsa cun formato mixto de literatura e música en directo

Sid Griffin, lenda viva do rock americano, abrirá o ciclo o 25 de febreiro

Venres 10 de febreiro do 2023

Sid Griffin abre o cartel do Curruncho Pop

Sid Griffin abre o cartel do Curruncho Pop

Volve á Biblioteca Rego da Balsa o Curruncho Pop, un ciclo de concertos que acada a súa sétima edición consolidado como unha referencia cultural novedosa e orixinal na cal as propostas musicais, en ocasións en formato inédito, xiran arredor dun referente literario.

Nestes anos teñen pasado polo Curruncho Pop interesantes propostas que mesturan música e literatura, como o proxecto Desnortadas de Rosalía Fdez. Rial e María Santiago e tamén referencias internacionais como Richard Lloyd, guitarrista dos míticos Television ou os portugueses Birds Are Indie, así como outros importantes músicos do panorama estatal e galego como Diego Vasallo, Elena Setién, Víctor Coyote, Hendrik Röver, Emilio José ou o desaparecido Rafael Berrío, e bandas locais como Chicharrón ou Psychofonía.

E este ano abrimos o cartel cunha auténtica lenda do rock: o norteamericano Sid Griffin. Coma sempre, a entrada é de balde, pero debes reservar no 981 758 580 ou en biblioteca@carballo.gal, xa que a capacidade é limitada. Así vén o Curruncho Pop 23.

Sábado 25 de febreiro

19:30h Presentación do libro ‘Nuevo Rock Americano, años 80: Luces y sombras de un espejismo’ de Carlos Rego.

20:30h. Concerto de Sid Griffin
Sid Griffin é un músico norteamericano que liderou a bandas imprescindibles coma The Long Ryders ou The Coal Porters e que atesoura unha longa traxectoria desde a década dos oitenta, incluíndo traballos tamén en solitario. É unha lenda viva do rock americano, e un artista polifacético: músico, escritor, xornalista, produtor, director dun selo discográfico, entre moitas das súas facetas. Antes Carlos Rego falará precisamente da escena do rock americano dos anos oitenta, onde Sid Griffin e a súa banda The Long Ryders xogaron un papel destacado.

Sábado 25 de marzo

19:30h Presentación do libro ‘Al compás del Voodoo (religión, represión y música)’ de Héctor Martínez

20:30h Concerto de Voodoo Childs
Voodoo Childs é unha banda creada para a ocasión con músicos como María Santiago (Maraya Zydeco) ou Xulián Freire para interpretar cancións recollidas no libro e falar co seu autor, Héctor Martínez sobre as lendas, mitos e supersticións que rodean estas composicións que xurdiron da mestura da tradición musical europea e as influencias da música caribeña.

Sábado 6 de maio

19:30h Presentación do libro ‘God Save the Queens: Pioneras del punk’ de Cristina Garrigosa, Paula Guerra e Nuria Triana.

20:30h Concerto de Mila & the Stoofas
Mila & the Stoofas é unha banda punk leonesa formada por catro músicas que descargarán sobre o escenario do Curruncho Pop toda a enerxía das pioneiras do punk.

Sábado 3 de xuño

19:30h Presentación do libro ‘Concierto para George’ de Nacho Para.

20:30h Concerto para George
Intérpretes como Javier Polo, Carolina Rubirosa e Andrés Rey tocarán cancións de George Harrison arredor do libro de Nacho Para.

Compartir: