Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A Praza dos Libros reconvértese en Praia dos Libros para seguir fomentando a lectura en colaboración coas librarías locais

Do 1 ao 15 de xullo, mercar un libro en Brañas Verdes, Clarión, Ler, Teldy e Trasgo ten desconto e premio

Martes 29 de xuño do 2021

Este ano tampouco celebraremos a Praza dos Libros. Polo menos non co seu formato habitual, porque tal como a coñecíamos, con multitude de actividades culturais arredor das casetas das librarías e das nosas feiras tradicionais, segue sendo inviable. Pero despois da boa acollida que tivo o ano pasado a campaña estival “Asómbrate coa lectura”, este verán queremos volver a asombrarte coa Praia dos Libros.

Con esta reconversión, dende a Concellaría de Cultura queremos seguir apostando pola promoción da lectura e polas librarías, que forman parte do comercio máis afectado pola COVID-19. E, ademais, en Carballo contamos coa total implicación do sector. Brañas Verdes, Clarión, Ler, Teldy e Trasgo colaboran no desenvolvemento desta nova campaña que levaremos a cabo entre o 1 e o 15 de xullo.

Por cada compra de 15 euros ou máis nas librarías adheridas recibirás un rasca co que poderás gañar vales desconto de 15 euros para seguir mercando no mesmo establecemento

En todas elas recibirante cun 5% de desconto nos libros que merques, agás os de texto, e os días 9, 10 e 11 ese desconto incrementarase ata o 10%. E non só iso, porque ademais, por cada compra igual ou superior a 15 euros que realices entre o 1 e o 15 de xullo en calquera das cinco librarías adheridas, recibirás un rasca co que poderás gañar vales desconto de 15 euros para seguir mercando libros no mesmo establecemento.

E isto só é o principio, porque este verán queremos darche todas as facilidades para que poidas mergullarte no apaixonante mundo da lectura, como fai a protagonista do noso cartel, a deportista Elena Vázquez.

Compartir: