Cultura

Cultura

- 2021 +
- Xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Os Ratos de Lonxedetodo apúntanse ao “streaming” para seguir animando á lectura aos nenos e nenas de Carballo

Despois do espectáculo inaugural desta semana, os simpáticos personaxes de Trinketrinke Teatro visitarán periodicamente a Biblioteca Rego da Balsa ata fin de curso

Xoves 19 de novembro do 2020

Imaxe dunha das actuacións desta semana

Imaxe dunha das actuacións desta semana

Os Ratos de Lonxedetodo chegaron esta semana á Biblioteca Rego da Balsa cargados coas súas maletas cheas de historias ben fermosas para contarlles e contarlles aos nenos e nenas de Carballo. Pero como sempre queren estar á última, estes simpáticos personaxes creados pola compañía Trinketrinke tamén se apuntan ao streaming, de xeito que poderedes ver todas as súas actuacións sen movervos da casa. As retransmisións en directo realizaranse a través das canles de YouTube do Concello de Carballo e da Biblioteca Rego da Balsa, así coma das páxinas de Facebook de Bibliotecas, Cultura e Concello de Carballo, para que teñades onde escoller!

Tamén mantemos as funcións presenciais, pero este curso, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, celebraranse no auditorio da Biblioteca Rego da Balsa, cun público máis reducido e cun protocolo de seguridade.

Poderán asistir nenos e nenas de de 5, 6 e 7 anos e unha persoa adulta por cada grupo de conviventes. As reservas realizaranse exclusivamente por teléfono, no 981 758 580, dende o mércores anterior a cada función.

Como vén sendo habitual, os Ratos de Lonxedetodo ofrecerán dúas sesións de cada espectáculo: ás 17:00 e ás 18:30 horas. O primeiro, “Aprendendo a querer”, foi este mércores, pero aquí tedes o calendario previsto para este curso:

  • 2 de decembro: “Contos para protexer á infancia dos abusos sexuais”
  • 3 de febreiro: “Imos inventando contos”
  • 17 de febreiro: “Ovos, letras e galiñas”
  • 3 de marzo: “A festa da poesía das catro estacións”
  • 17 de marzo: “O coelliño branco”
  • 31 de marzo: “Paxariños”
  • 14 de abril: “Contos para andar o camiño”
  • 28 de abril: “Lonxedetodo en festas!”
  • 12 de maio: “Os ratiños da caixa”
  • 26 de maio: “Viaxe a África”

Compartir: