Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O alumeado de Nadal acenderase o 4 de decembro para ambientar unhas festas marcadas pola COVID-19

A instalación dos elementos decorativos comezou xa esta semana

Martes 27 de outubro do 2020

A instalación do alumeado empezou esta semana

A instalación do alumeado empezou esta semana

Este ano as festas de Nadal estarán condicionadas pola situación sanitaria. Todo apunta a que a COVID-19 impedirá a celebración dalgunhas das tradicións máis arraigadas destas datas, pero dende o Concello de Carballo consideramos que é importante manter, na medida do posible, o espírito do Nadal e contribuír á dinamización da actividade económica. Por iso, o acendido do alumeado decorativo realizarase xa o 4 de decembro.

A instalación dos elementos luminosos que comporán a decoración especial de Nadal comezou xa esta semana. Tanto dende a empresa contratada coma dende o Concello de Carballo considerouse que era importante anticiparse tanto ao incremento da demanda que adoita rexistrarse ás portas do mes de decembro como a calquera imprevisto relacionado coa incidencia do coronavirus que puidese xurdir nas vindeiras semanas.

Como é habitual, o alumeado de Nadal estará especialmente presente nas zonas máis comerciais, apoiando deste xeito unha actividade fundamental para a economía local. Nesa liña enmárcase tamén a iniciativa “Sempre Carballo”, que supera xa as 15.000 solicitudes, e que, precisamente, rematará o 30 de novembro a petición das asociacións de empresarios para non interferir na campaña de Nadal.

Compartir: