Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O venres 7 de agosto teremos “A luz prendida” para guiarte cara o concerto de MJ Pérez

Toma nota sobre as condicións de acceso ao espectáculo, que terá como escenario a rúa Jacinto Amigo

Xoves 6 de agosto do 2020

Imaxe do concerto de Silvia Penide

Imaxe do concerto de Silvia Penide

Ritmos latinos e músicas do mundo encherán a noite do venres en Carballo. A partir das 21.30 teremos “A luz prendida” para escoitar a MJ Pérez, unha das novas voces da música de autor galega, que na súa cuarta produción continúa a contar historias dende un punto de vista moi persoal, empregando máis humor e ironía pero tamén deixando espazo para a loita e a reivindicación.

O espectáculo celebrarase na rúa Jacinto Amigo Lera, convertida en escenario deste atípico Verán Cultural e que estará pechada de 16:00 a 24:00 horas tanto para a circulación rodada como para o aparcamento, agás para emerxencias. Ata as 18:00 horas permitirase o acceso das persoas usuarias do garaxe do edificio situado nesa mesma rúa.

As portas virtuais deste novo espazo cultural abrirán ás 20.30 horas, unha hora antes do inicio do concerto, no que adoptaremos todas as medidas sanitarias que esixe a situación provocada pola COVID-19:

  • A acomodación do público será exclusivamente en cadeiras
  • acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar aforo.
  • Os menores deberán estar acompañados por adultos.
  • A entrada e saída das instalacións realizarase de forma graduada, por circuítos diferenciados, mantendo a distancia de seguridade. Unha vez abandonado o recinto non se permitirá volver a acceder.
  • Serán obrigatorios a desinfección de mans e o uso de máscara para todos os asistentes.
Grazas pola colaboración!

Compartir: