Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Youtubers, Instagramers e a estrea de "El punto frío" protagonizan a terceira xornada do Interplay

Abi Power, Perra de Satán e Percebes y Grelos falarán da súa creación de identidade pública online

Xoves 5 de abril do 2018

Sonia Méndez, Xosé Regueira e Evencio Ferrero, na apertura do festival

Sonia Méndez, Xosé Regueira e Evencio Ferrero, na apertura do festival

As redes sociais son hoxe, especialmente para o público máis novo, o espazo de referencia na creación de contidos e influencia, a través desas persoas-personaxe que acumulan seguidores por millóns en Youtube ou Instagram. O programa do Carballo Interplay pon o foco neste fenómeno e xunta na mesma mesa a Abi Power (Abigaíl Frías), Perra de Satán (Beatriz Cepeda) e Percebes y Grelos (Carolina Iglesias), tres mulleres que comparten as súas ideas, sketches ou relatos humorísticos dende internet pero tamén, por causa da súa popularidade, nos formatos convencionais da radio, o teatro, o cinema ou a literatura. Será mañá venres ás 12h30, nun encontro co título Youtube, Instagram e outros espellos dixitais, e abordarán a súa creación de identidade pública online.

Carlo Padial non poderá estar finalmente no Carballo Interplay. Pero as potencialidades da rede como espazo para o humor máis transgresor si que estarán presentes mañá venres, ás 23:00, en A Barra Bar. Será da man do humorista galego David Perdomo, un dos pioneiros da ficción seriada na rede, coa serie de vídeos sobre o Koruño que comezou a publicar en Youtube en 2010. Tamén é coñecido polo Ecce Perdomo de V Televisión e pola súa participación no programa da TVG Land Rober. Sempre divertido e irreverente, David Perdomo non deixa a ninguén indiferente. Neste novo show, repasa o complicado de ser humano coa súa habitual incorreción política e lingua mordaz, tentando "provocar que sexas ti o que te auto censures".

Networking da Zona Pro

Networking da Zona Pro

O programa de actividades do venres presenta, dentro da súa variedade, certo denominador común nunha visión crítica de internet e as novas tecnoloxías, que permite matizar a celebración das súas posibilidades creativas e democratizadoras. Un bo exemplo é o encontro coa consultora NoLegalTech, que ofrecerá unha “pequena guía de supervivencia para adolescentes con móbil”, empoderando á xuventude fronte ás grandes compañías no seu uso das redes, a través do coñecemento de licencias e condicións abusivas. A parte formativa do Interplay afonda tamén nesta tendencia co obradoiro impartido por PlayGround, no que afrontan a necesidade de crear contidos complexos nuns medios que tenden á superficialidade. E haberá un encontro sobre a iniciativa Youtubeir@s, que promove a elaboración de contidos en galego para Youtube, un contexto no que as culturas minorizadas tenden a ser marxinadas.

Como é habitual, a reflexión irá combinada tamén da diversión, e neste ámbito as propostas destacadas para o xoves (á parte das proxeccións da Sección Oficial) son ben variadas. Por unha banda, estrearase El punto frío, a nova serie dixital de PlayZ (RTVE) rodada en Culleredo, Carral ou Laracha. Boa parte do equipo (incluíndo intérpretes como David Solans, Camila Bossa ou Raquel Espada) estará presente para presentar esta ficción de misterio e terror que recupera a lenda da Santa Compaña. Pola outra, os cómicos Víctor Grande e Pedro Brandariz realizarán en directo o seu programa de radio Ojo cuidao, e poderase desfrutar do primeiro concerto do V Interplay na sesión vermú de MounQup, artista francogalega que presenta o collage electrónico do seu debut Proba de son.

PROGRAMA COMPLETO DO VENRES 6 DE ABRIL

Pazo de Cultura
10h00. Encontro. Atrapados na rede. Pequena guia de supervivencia para adolescentes con móbil. Con No Legal Tech. 
11h00. Conversa. Da aula á rede. Experiencias de creación audiovisual en secundaria. Con Ana Moreiras (Olloboi, IES A Cachada de Boiro), Manolo González (IES Concepción Arenal de Ferrol) e Luís Pérez (IES O Castro de Vigo).
11h30. Radio Live Show. Ojo Cuidao. Con Víctor Grande, Pedro Brandariz e Iago Gordillo.
12h30. Conversa. Youtube, Instagram e outros espellos dixitais. Como creamos a nosa identidade pública en internet. Con Carolina Iglesias (Percebes y Grelos), Abigail Frías (Abi Power) e Beatriz Cepeda (Perra de Satán).
13h00. Sesión vermú. MounQup
16h00. Obradoiro. Electrónica + música para crianzas. Con Vermislab (a partir de 9 anos).
16h00. Proxección. Webseries Sección Oficial. Estatal 2
17h00. Obradoiro. Narrativas de vídeo en redes sociais. Contidos complexos vs. audiencias masivas. Con Playground.
17h30. Proxección. Webseries Sección Oficial. Internacional 2
19h00. Encontro. Youtubeir@s
20h30. Estrea. El punto frío

A Barra Bar
23h00. Show de David Perdomo.

Compartir: