Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Cincuenta carballeses e carballesas iniciaron a Semana Santa na vila irmá de L Isle Jourdain

O concelleiro de Cultura e Deporte, Marcos Trigo, uniuse hoxe ao grupo

Martes 27 de marzo do 2018

O grupo de carballeses e carballesas, no autobús

O grupo de carballeses e carballesas, no autobús

Coa incorporación do concelleiro de Cultura e Deporte, Marcos Trigo, na xornada de hoxe xa son 51 os/as veciños/as de Carballo que están a pasar estes primeiros días da Semana Santa en L’Isle Jourdain. Nesta ocasión a viaxe non se realizará para a festa Escolta e Minja, como viña sendo habitual, porque coincide co San Xoán. Deste xeito, as dúas vilas irmás tamén celebrarán este ano as súas festas máis importantes nas mesmas datas.

A expedición arrancou o sábado pola mañá desde a Praza do Concello para percorrer os 990 quilómetros que separan Carballo de L’Isle Jourdain. Os tres días completos que levan en terras galas están resultando moi intensos en canto a actividade culturais e turísticas, con visitas a lugares de interese pero tamén concertos, cine ou iniciativas deportivas, xa que boa parte dos/as participantes son mozos e mozas.

A presidenta do Comité de Irmanamento con L’Isle Jourdain, Ana Cancela, destacaba hoxe a gran motivación de todo o grupo, “e malia a choiva que nos acompaña estes días a experiencia está sendo espectacular”, asegurou. Mañá mércores haberá actividades deportivas para a xuventude, museo para os/as adultos/as e, para todos, visita a Auch, a terra de D’Artagnan. O xoves pola mañá poñerán rumbo a Carballo.

Pero mentres este nutrido grupo se atopa en terras galas, a actividade francófona continúa en Carballo, porque nesta Semana Santa non deixaron de celebrarse dúas das propostas continuadas máis importantes: o café-conversación e o club de lectura. E tamén houbo club de lectura na Biblioteca Rego da Balsa: Le colonel Chabert, de Balzac, acompañado cunhas filloas.

Compartir: