Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

XA PODES CONSULTAR A RELACIÓN DE AXUDAS

Subvencións do Concello de Carballo para 17 festas de dez parroquias e barrios

Mércores 24 de xaneiro do 2018

O Concello de Carballo volveu a convocar no 2017, despois de cinco anos, as axudas para as festas das parroquias e os barrios. En total foron subvencionados 37 días de festa por un total de 14.470’50 euros. O goberno municipal cumpriu o seu compromiso de recuperar as axudas, que quedaran suspendidas como consecuencia da crise, e incrementou ata 35.000 euros a partida destinada a esta finalidade, aínda que só se consumiu unha parte.

Festa da Pilarica [Foto da comisión]

Festa da Pilarica [Foto da comisión]

O obxectivo da convocatoria, que desde a Concellería de Festas preténdese impulsar este ano, é axudar ás entidades e comisións de festa para a celebración de verbenas ou concertos con actuacións musicais en directo. Acolléronse a esta posibilidade as entidades dos barrios do Chorís, A Brea e San Cristovo, así como das parroquias de Ardaña, Artes, Berdillo, Rus, Sísamo, Sofán e Entrecruces, que organizaron un total de 17 festas entre os meses de xuño e outubro. A relación detallada pode consultarse no documento adxunto.

A maiores das subvencións específicas para as actuacións musicais, o Concello de Carballo colabora con todas as comisións e entidades que así o solicitan con outros servizos imprescindibles para as celebracións, como o alumeado, a limpeza e a recollida de lixo ou o acondicionamento dos campos das festas.

Descargas

Compartir: