Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Bombeiros, Protección Civil e comisión de festas piden o máximo respecto ás recomendacións de seguridade durante as cachelas

No concurso deste ano participarán un total de 14 cachelas

Xoves 22 de xuño do 2017 San Xoán 2017

Cachela na rúa Río Anllóns

Cachela na rúa Río Anllóns

A seguridade é fundamental na noite de San Xoán. Por iso, o Parque Comarcal de Bombeiros, o Servizo Municipal de Protección Civil e a comisión de festas piden aos veciños e veciñas que garden o máximo respecto ás recomendacións para a prevención de riscos. Entre os máis importantes figuran non amorear materiais a máis de 3 metros de altura nin cun perímetro superior a 8 metros, utilizará só materiais sólidos, gardar unha distancia de seguridade mínima de 20 metros con respecto a edificacións, tendidos ou vehículos, adoptar medidas de autoprotección, ter precaución co vento e asegurarse que, unha vez apagada, non se reavivará.

Todos estes consellos figuran no documento adxunto a esta nova, no que tamén se establecen outro tipo de normas para evitar que as cachelas produzan danos nos espazos públicos ou impidan a accesibilidade. Cando participen nenos pídese a supervisión dun adulto e que non se lles permita aos nenos xogar co lume nin utilizar produtos pirotécnicos.

Concurso

Ademais das cachelas que arderán na noite do 23 ao 24 de xuño por todo o municipio, tamén se celebra o tradicional Concurso de Cachelas, que cumpre 30 anos cun incremento dos premios. A comisión outorgará subvencións de 20 a 50 euros para as vinte primeiras cachelas inscritas que non resulten premiadas e que reúnan un mínimo de calidade. Pero paga a pena esforzarse, porque o primeiro premio está dotado con 600 euros! Todos os seguintes aumentan de contía. Así, o segundo pasa de 250 a 300 euros; o terceiro, de 175 a 200, e o cuarto, de 125 a 150 euros. Ademais, o xurado poderá outorgar accésits por un total de 200 euros (50 máis que o ano pasado). Este ano participarán no concurso un total de 14 cachelas. O xurado comezará o percorrido ás 19 horas. 

A programación do venres 23 comezará ás 12.30 co pasarrúas, nesta ocasión a cargo do grupo de gaiteiros Arume. Para as 16 horas a Asociación Ambiental Senda Nova ten preparado un Aquelarre na Eira das Meigas, no Monte Neme, no que poden participar todas as persoas interesadas. E ademais a partir das 22.30 haberá verbena na Praza do Concello coas orquestras Trébol e La Última Legión.

Compartir: