Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A Biblioteca Rego da Balsa pon en marcha #puntoB, unha campaña participativa que reivindica a cultura como parte da nosa identidade

Haberá premios semanais para as mellores fotos que suban os/as usuarios/as ás súas redes sociais utilizando o hashtag da iniciativa

Martes 7 de febreiro do 2017 Cultura

Todas e todos temos o noso #puntoB, un elemento que nos fai únicos e especiais, un libro, unha afección, unha canción, unha frase ou un lugar que forman parte da nosa personalidade. A Biblio Rego da Balsa quere que todas e todos poidamos amosar o noso #puntoB, e ofrécenos a posibilidade de facelo cunha campaña participativa que reivindica a cultura como parte da identidade persoal.

En que consiste? Pois é tan doado como subir unha foto en branco e negro cunha frase que a acompañe ás redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram e Pinterest) e utilizar o hashtag #puntoB (lembrade configurar a vosa privacidade para que todo o mundo poida vela). Todas as semanas teremos premios para os mellores #puntoB, e de paso intentaremos transmitir que as redes sociais poden ter unha utilidade cultural, allea a outro tipo de usos que moitas veces se fan delas.

Dende a Biblioteca Rego da Balsa queremos aproveitar a campaña para difundir varias mensaxes. Por unha banda, a reivindicación da cultura como un elemento que tamén identifica a Carballo, pero tamén a loita contra as inxustizas e a idea de que a lectura, o pensamento e a participación cultural teñen un punto sexy.

Compartir: