Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Concello e a Fundación Luis Calvo Sanz asinan un convenio de colaboración para o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

A fundación achegará o importe íntegro do segundo premio, que a partir desta edición estará dotado con 750 euros

Venres 3 de febreiro do 2017 Cultura

A firma do convenio tivo lugar nas instalacións de Conservas Calvo

A firma do convenio tivo lugar nas instalacións de Conservas Calvo

O ano pasado o Concello de Carballo celebrou a maioría de idade do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís elevando a contía dos premios de 1.850 a 2.300 euros. Este ano volverá a haber un incremento grazas á implicación da Fundación Luis Calvo Sanz, que achegará o importe íntegro do segundo premio, dotado a partir desta 19ª edición con 750 euros. Fundación e Concello, representados por Luciano Calvo Pumpido e Evencio Ferrero Rodríguez, respectivamente, asinaron hoxe un convenio de colaboración, nun acto no que tamén estivo presente o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo Facal.

Grazas á achega da Fundación Luis Calvo Sanz, o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís repartirá este ano 3.050 euros en premios. O primeiro estará dotado con 1.500 euros e o segundo, con 750. O alcalde de Carballo agradeceu a boa disposición de Luciano Calvo e da fundación a colaborar coa promoción do deporte e da cultura no noso concello. Luciano Calvo, pola súa banda, reiterou o compromiso da Fundación Luis Calvo Sanz con Carballo e cos carballeses e carballesas.

Unha vez asinado o convenio de colaboración, en breve faranse públicas as bases e a convocatoria do certame, que cumpre xa 19 anos.

Compartir: