Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

SAN XOÁN

O Rockin’ Carballo lembra a Jimi Hendrix no 75º aniversario do seu nacemento cun cartel de gran potencia visual

O festival, que se celebrará o 1 de xullo, amplía horario e escenarios

Luns 30 de xaneiro do 2017

O Rockin’ Carballo, o festival de música alternativa das festas de San Xoán, rende este ano a súa homenaxe particular a Jimi Hendrix cun cartel de gran potencia visual no que comparten protagonismo o mellor guitarrista de rock da historia e a nosa árbore máis senlleira, unha vez máis grazas á creatividade do deseñador carballés Juan Félix Gende.

Neste 2017 cúmprense 75 anos do nacemento do músico norteamericano, que marcou un antes e un despois na historia do rock co seu inconfundible estilo, e a Asociación Cultural San Xoán quere que este ano tamén marque un antes e un despois na historia do Rockin’. 

O festival celebrarase o sábado 1 de xullo na zona do Rego da Balsa. Pero este ano a carpa non será o único escenario. O rock soará tamén noutro espazo urbano e nun horario diferente ao habitual do Rockin’, xa que por primeira vez haberá sesión vermú. Moi pronto empezaremos coas confirmacións dos grupos, así que non perdades detalle, que este ano o Rockin’ chega cargado de novidades.

O Rockin’Carballo está organizado pola Asociación Cultural San Xoán e patrocinado polo Concello de Carballo.

Compartir: