Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Concerto de De Vacas no marco do Verán Cultural

Venres 5 de agosto do 2016 Praza do Concello - 22.30 h.

De Vacas

De Vacas durante unha actuación

A programación do Verán Cultural continúa co concerto do cuarteto musical De Vacas, integrado polas voces de Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero e a guitarra de Guillerme Fernández (guitarrista de grupos ben coñecidos no panorama galego como Berrogüetto ou aCadaCanto). Ofrecen un espectáculo fresco e divertido, co que emocionarse e rir a partes iguais a base de orixinais versións de temas marcados polo éxito: dende Beyoncé ata o Gangnam style, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló.

A cita, de balde, a partir das 22.30 horas no palco da Praza do Concello.

Compartir: