"Together to get there" de Lali Ayguadé no ciclo Primavera enDanza
Sábado 5 de abril do 2025 20.30 horas - Pazo da Cultura
©Jordi Vidal
Un encontro entre dous, un abrazo, o sentir do outro, a comunicación sen palabra, o sentir inmerso nun mundo creado entre dous. Un tempo que se expande e se detén como se nunca fora a acabarse. Lali Ayguadé é unha das referencias da
danza contemporánea en España, sendo a primeira vez que actúa en Primavera enDanza para presentar unha proposta de transformación.
Intérpretes e dirección artística: Akira Yoshida & Lali Ayguadé.
Vestiario: Ferran Casanova.
Deseño de son: Donald Beteille.
Deseño de iluminación: Fermín Izko
50 min | Público adulto | 7 € / 4 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios