Música en directo nos Venres Culturais con 586 Cantos
Venres 21 de marzo do 2025 21.00 horas - Pazo da Cultura
©Denis Estévez
Música en directo e imaxe dialogan neste espectáculo, idea orixinal da Mostra I. de Cinema Etnográfico MICE do Museo do Pobo Galego, para pór en valor o papel das cantareiras. A orixe da proposta é a a investigación de Dorothé Schubarth (coa colaboración de Antón Santamarina), que conforma o Cancioneiro Popular Galego. Richi Casás lidera a parte musical desta obra na que conflúen pandeiretas, jazz e ritmos latinos e que toma como punto de partida os cantos recollidos pola súa avoa Rosa.
Músicos: Richi Casás, Frank Barcia, Tania Caamaño e Antía Ameixeiras.
Audiovisual: Laura Piñeiro e Fran Rodríguez
45 min | Todos os públicos | 5 € / 3 €
Colabora MICE Museo do Pobo Galego