Cultura

Cultura

- 2025 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

"Reconversión" de Ibuprofeno Teatro, chega aos Venres Culturais

Venres 21 de febreiro do 2025 21.00 horas - Pazo da Cultura

Venres Culturais 2025 - Reconversión

Esta é a historia do pai do autor do texto, José Cortegoso, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e as mobilizacións dos anos 70 e 80. Entre o íntimo e o político, este proxecto é un exercicio de memoria histórica arredor do sector naval na Ría de Vigo.

Intérpretes: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos.
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio.
Escenografía: Pablo Giráldez "o Pastor".
Vestiario: Marián Bañobre.
Música: Alonso Caxade.
Coreografía: Armando Martén.
Dirección e autoría: Santiago Cortegoso

100 min | Público adulto | 9 € / 5 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: