O documental "Bye bye Tiberias" pecha o ciclo de cine Amal en Ruta
Xoves 20 de febreiro do 2025 20.00 horas - Pazo da Cultura
A actriz Hiam Abbass regresa a Palestina desde Francia coa súa filla. Esta é a historia de catro xeracións de mulleres e o seu legado compartido de separación. A cineasta Lina Soualem viaxa no tempo para capturar as historias transmitidas da súa familia. O filme tivo a súa estrea mundial no Festival de Venecia de 2023, na sección Giornate degli Autori. Tamén se presentou no Festival de Cine de Toronto do mesmo ano.
Longametraxe documental | Lina Soualem | 2023 | Palestina, Bélxica, Qtar, Francia | 82 min