"Un nacemento especial", cos Ratos de Lonxedetodo
Mércores 12 de febreiro do 2025 17.30 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Áreas
Trinketrinke Teatro e os seus Ratos de Lonxedetodo volven á Biblioteca Rego da Balsa para seguir contando historias aos nenos e nenas de 4 a 8 anos. Desta volta visítanos a ratiña Carolina, curmá de Fuco, irmá de Pillo e sobriña de Lilí Gruyére. Vainos explicar como usando a imaxinación podemos chegar a crear contos.
- Para asistir é imprescindible reservar praza chamando ao número de teléfono 981 758 580
- Máis abaixo podes descargar o folleto coa programación para este curso