Bendición de mascotas en Santa María de Noicela
Venres 17 de xaneiro do 2025 12.00 h - Igrexa de Santa María de Noicela
Por terceiro ano consecutivo, a parroquia de Santa María de Noicela realizará unha bendición de mascotas coincidindo coa celebración da festa de San Antón Abade, patrón dos animais domésticos. A bendicion realizarase na misa das 12.00 horas, e desde a parroquia convidan a todas as persoas amantes dos animais a participar. Para evitar molestalos, este ano tampouco haberá pirotecnia. Se na edición do 2025 se entregou a cada mascota unha badana reflectante, neste 2025 recibirán un dispensador de bolsas con forma de óso.
Colabora: Concello de Carballo