"El cuento de Persépolis", danza para toda a familia
Domingo 21 de abril do 2024 18.00 horas - Pazo da Cultura
Tres nenas que viven en diferentes planetas atopan o libro de Persépolis. Coa súa lectura produciranse numerosas preguntas sobre a situación das mulleres na historia. As nosas protagonistas comezarán unha viaxe pola historia, o espazo e o tempo.
A recoñecida compañía valenciana La Coja Dansa rende homenaxe ás escritoras de ficción que coas súas obras literarias cuestionan o status das mulleres e as súas constantes perdas de dereitos. Unha obra para todos os públicos na que a danza conflúe co cómic, o videomapping e o cine.
Interpretación: Julia Zac, Inka Romaní e Paula Romero
Iluminación: Diego Sánchez
Autor: Tatiana Clavel e Raúl León Mendoza
Dirección: Tatiana ClavelDuración: 50 min
Público: A partir de 5 anos
Prezo da entrada: 7 € / 4 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios